www.francisboutle.co.uk/     Call Us:  +44 7772 312 665    Email Us:  info@francisboutle.co.uk

Quick Find:    
Book list
Art, architecture & media
Biography
Cornish/Kernewek
D.M. Thomas
Fire and police
First World War
Genealogy
History
Lesser used languages of Europe
Literary criticism
Music
Painting and its laws
Pioneering women
Plays
Poets
Politics
Revolutionary history
Traditions and customs
Travel
Extras
Awards
Downloads
Events
Excerpts
Forthcoming books
Lesser Used Languages of Europe
Out of print
Reviews
Webzine
Contact Us
Follow us
Twitter Logo

Facebook Logo
  Top » Catalog » Pages » Reviews
Breogán's Lighthouse: a bilingual anthology of Galician literature

Click here for more information about this book

Reviewed by Camilo Franco in La Voz de Galicia 27 October 2010

Publican en inglés unha nova antoloxía que repasa a historia completa da literatura galega desde o medievo

Arredor de 300 textos e 350 autores son os que figuran nesta obra, que ten como punto de partida un vello proxecto de Xerais que non se chegou a completar.

Baixo o título de Breogan's Lighthouse: An Anthology of Galician Literature, os lectores ingleses dispoñen xa dunha antoloxía completa que traza a liña da historia da literatura galega. Editada por Antonio Raúl de Toro Santos e publicada por Francis Boutle Publishers dentro da colección destinada a linguas minoritarias, a antoloxía iníciase coa lírica medieval e remata neste mesmo ano 2010.

Precisamente esa amplitude no tempo e a incorporación de autores recentes é unha das vantaxes que ten, segundo o seu editor, esta obra. Arredor de 300 textos e 350 autores son os que figuran nesta antoloxía, que ten como punto de partida un vello proxecto de Xerais que non se chegou a completar. De Toro Santos colleu aquel proxecto e traballou na ampliación de autores e xéneros. Explica o profesor que aquela edición «estaba fundamentalmente orientada á poesía e na edición que fixen aparecen moitos máis xéneros e moitos máis autores».

De Toro tamén marca a distancia coa antoloxía publicada por Galaxia e Xerais meses atrás. Neste caso apunta que esa antoloxía «remata en 1980, mentres que a nosa chega ata o presente, entre outras cousas porque xusto despois de 1980 ocorreron moitas cousas na literatura galega». Noutro sentido, o editor desta obra sinala que non ten un carácter académico. «Non se trata dunha obra académica, ten un carácter divulgativo e, polo tanto, está dirixida a un público amplo». Ademais da preocupación polo posible público ideal deste libro «tivemos unha preocupación pola imaxe de conxunto que se ofreza a un lector que non coñeza a literatura galega». Neste sentido, explica o responsable da edición que a liña que traza a obra dende o principio ata o presente «está apoiada nos autores que podemos considerar canónicos e que son aceptados comunmente como os relevantes na historia da literatura». En todo caso, sinala De Toro Santos que «o número de autores que forman a antoloxía, 350 aproximadamente, xa deixa unha idea de que moi poucos autores quedaron fóra da selección».

O libro incorpora tamén dúas introducións, unha a cargo de Luciano Rodríguez e outra de Manuel González. Tamén participou no libro un equipo de tradutores para a súa versión inglesa.

O volume conta con cerca de 700 páxinas e será presentado na segunda quincena do mes vindeiro tanto en Inglaterra como en Galicia. No caso inglés será presentado en Oxford e máis en Londres. En Galicia está confirmada a presentación coruñesa para o día 25 de novembro, mentres que a presentación en Compostela será polas mesmas datas, pero aínda está pendente de ser fixada.

Best Sellers
01.From Bow to Biennale
02.Shout Kernow
03.Cornwalls First Golden Age
04.Baggage
05.Grains of Gold
06.Surfing Tommies
07.The Way Back
08.Scoot Dances
09.Star in a Night Sky
10.Celebrating Pevsner
Forthcoming Books
Featured Books
Events
Regular Cornish language classes with Mick Paynter.

London. The Elizabeth Garrett Anderson Gallery permanent exhibition of women in medicine.

First Sunday of every month, Redruth. Shout with the Red River singers.

until 27 May 2017, Camden, London. An exhibition of the works of Lancelot Ribeiro.

25 April 2017, Camden, London. Ribeiro Rediscovered, a talk by David Buckman.

12 May 2017, Redruth. Launch of Celebrating Pevsner New research on Cornish architecture.